Make your own free website on Tripod.com

Morte dun ciclista
Juan Antonio Bardem | Estado español / Italia | 1955

 


Un ciclista vai por unha estrada. De súpeto, un coche pasa por riba del. Un home (Juan) baixa do coche e comproba que aínda está vivo. Tamén sae unha muller (María José), que chama ao home para lle indicar que deben marcharse. Juan volve ao coche e arrancan. O ciclista queda na estrada, sen ninguén que o auxilie. Con esta simple escena inicial, Juan Antonio Bardem xa nos presenta o que pensa da burguesía.
[reseña en pdf]