Make your own free website on Tripod.com

Os esquecidos Luís Buñuel | México | 1950

 

"¡Uno menos! ¡Así irán cayendo todos! ¡Ojalá los mataran a todos antes de nacer!". Diálogos crueis, dun naturalismo extremo, coma este, presionan o espectador ó longo de oitenta minutos para amosar unha realidade da que é cómplice. Son unha labazada que non se limita ó plano intelectual. O ovo podre estampado na pantalla é a mesma agresión coa que Einsenstein quería espertar a un público adurmiñado pola orde burguesa. Non están lonxe nin a navalla no ollo nin o galo decapitado.[reseña en pdf]