Make your own free website on Tripod.com

A noite do demo Jacques Tourneur | EUA | 1957

 

De existir a fenda, proclamada en Pier Paolo Pasolini e militantemente asumida por Víctor Erice, entre cinema-prosa e cinema-poesía, non cabe dúbida de onde se acubillarían os filmes de Jacques Tourneur. Cunha obra que apalpa o coñecemento a través do descoñecido, o invisíbel a través do visíbel, o Tourneur fillo acaroouse sen o imaxinar á explicación de poesía que, segundo Gil de Biedma, adoita agocharse fóra dos poemas. [reseña en pdf]