Make your own free website on Tripod.com

Tire Dié Fernando Birri | Arxentina | 1960

 

Ao chegar ás beiras da cidade de Santa Fe, como en tantas outras cidades organizadas, a estatística tórnase incerta. Hai moitos -cantos?- demasiados ranchos nos que viven -como?- centos de familias satafesinas. Pasada a estación do Ferrocarril Mitre, ao remate da rúa General López, atópase unha destas barriadas, a do Tire Dié, espallada en ambos lados das vías que unen Santa Fe con Rosario e Bos Aires atravesando os baixos do Salado. [reseña en pdf]